EL AUTOR

Mi foto
Borja F. Caamaño
Nacido en la ciudad de A Coruña en 1979, es operador de cámara y columnista en un periódico de ámbito local en Santiago de Compostela —donde reside—, habiendo ejercido en el pasado de realizador y en el departamento artístico de varias productoras audiovisuales. En 2007 publica su primera novela, Inside con la editorial granadina Alhulia, con la que cosecha excelentes críticas: «El legado de Bret Easton Ellis», SantiagoSiete; «Dinámico y Salvaje», Resonancias; y «Rabiosamente contemporáneo», El Correo Gallego. Con Córam Pópulo viene a confirmar su continuidad en los círculos literarios, con un conjunto de relatos escritos a lo largo del último lustro.
View my complete profile

DESEXOS DE ANO NOVO, (columna do 4/xan/08)

É moi común nestas datas facerse promesas a un mesmo sobre o que pretende conseguir do novo ano que comeza; é doado enganarse mentres engulimos as uvas despois de inxerir cantidades inxentes de alcol. Non si?
O caso é que —estimado amigo/a— probablemente teñas pensado ser máis traballador, ou demostrar o que sintes a esa persoa tan próxima a ti, ou quizá esteas convencido de que has deixar o tabaco, ou os doces, o touciño, a querida,… ou o meu preferido: «ser mellor persoa».
Ja, ja, ja (ha, ha, ha en galego).
Verás meu, o problema que terás este ano virá sendo o mesmo dos anteriores; na maior parte dos casos resúltanos complexo comprender que para que xurdan cambios é preciso un certo esforzo. Non conseguirás rendir mellor no traballo sen adicarlle horas, nin poderás demostrar o teu amor a ninguén sen abrirte e dar o mellor de ti, e evidentemente esquece o de deixar de fumar ou de encherte de doces ou graxas sen forza de vontade… e mellor non imos falar da querida.
Así pois agardo que estas festas estean sendo propicias para todos os lectores da presente… misiva? E por outra banda vos animo a que tratedes de facer realidade tódolos vosos desexos. Pero lembrade que para iso debedes telos sempre na testa, e non esquecer os motivos que vos levaron a soñar con eles.
Bo Nadal e que a Sorte/Forza vos acompañe.

viernes 4 de enero de 2008

0 Comments:

 
INSIDE & Co. - Wordpress Themes is proudly powered by WordPress and themed by Mukkamu Templates Novo Blogger