Hai uns días acudín á rolda de prensa organizada polo responsable de Cultura do concello, Néstor Rego, e mailos representantes da editorial Galaxia.
O motivo de tal evento era a presentación en sociedade da colección «Biblioteca Compostela» que, se entendín ben o que Freixanes apuntou, trátase dun intento de achegar os grandes autores foráneos aos lectores galegos, ou máis ben, aos lectores de libros en galego.
Moitos factores inflúen para que se lle preguntas a un libreiro véxase na obriga de contestar que «hai moito libro en galego, si, pero non se venden», pero evidentemente o cultural é o máis importante; sen dúbida deberiamos falar dunha disglosia literaria. É dicir, do mesmo xeito que apuntaba o directivo de Galaxia, que cando se trata dun autor galego —por exemplo Suso Rivas De Moure— danos igual ler en galego, pero á maioría de nós cando se trata dun autor extranxeiro buscamos a versión «orixinal»; é dicir, a traducida ao castelán. Éche parecido a cando o meu avó dicía que non podía ver as películas da galega, porque non era real iso de que os indios falasen en galego.
O caso é que para remediar isto se están a tomar medidas como pactar con editoriais nacionais, en lingua castelán, sexa Anagrama ou Alfaguara para publicar primeiro en galego e pouco despois na lingua de Cervantes. O caso de Harry Potter resúltame bastante significativo, e intelixente, xa que conseguir que os pequenos e novos lectores comecen a ler en galego pode propiciar, iso agardamos todos, que desapareza esa ridícula disglosia literaria.
EL AUTOR
- Borja F. Caamaño
- Nacido en la ciudad de A Coruña en 1979, es operador de cámara y columnista en un periódico de ámbito local en Santiago de Compostela —donde reside—, habiendo ejercido en el pasado de realizador y en el departamento artístico de varias productoras audiovisuales. En 2007 publica su primera novela, Inside con la editorial granadina Alhulia, con la que cosecha excelentes críticas: «El legado de Bret Easton Ellis», SantiagoSiete; «Dinámico y Salvaje», Resonancias; y «Rabiosamente contemporáneo», El Correo Gallego. Con Córam Pópulo viene a confirmar su continuidad en los círculos literarios, con un conjunto de relatos escritos a lo largo del último lustro.

3 Comments:
Se me complica este tipo de lecturas... La proxima si en espanol!
Saludos
Queres outro café?
Atopei-te.
pois eu creo que a entendín ben, aínda que non falo galego, como podes ver, só o "chapurreo".
iso mesmo é o que pasa aquí, nas Baleares, có catalán. A xente, en xeral, fálao (aínda que nos pobos moito máis), pero, o que non se fai é lelo.
Mais, coma dixera o teu avó, aquí as series que primeiro foron na TV3 (a catalana), logo sempre foron en catalán, polo tanto, tódolos cómics, revistas e libros sacados sobre elas foron en catalán, o que serviu para introducir a moita xente na lingua.
Post a Comment