Non deixa de abraiarme e, en certo modo, decepcionarme a actitude do goberno catalán co seu victimismo á hora de pedir o auga de Aragón. Na miña opinión cando se reclama autoxestión dos impostos recaudados —mostrando un total egoísmo co resto de rexións, comunidades, nacións ou como se quera chamar— non é lícito xusto despois esixir a comprensión do goberno central. Ese mesmo ao que pretende alonxar da súa política.
Agardo que a facción nacionalista do noso goberno —encabezado co Anxo de Allariz—, sexa capaz de mostrar unha certa coherencia nas súas peticións cara Madrid e actúe en consecuencia sen o seu pragmatismo habitual sendo quen de evitar o bochorno no que Cataluña está a caer. Cando un rapaz di na casa que quere ser independente debe asumir todo o que iso implica; non está ben iso de chamar a papá pedindo axuda cando as cousas non van ben.
Igualmente deberían plantexarse a constitucionalidade desas subvencións, que se están concedendo a esgalla no panorama audiovisual e literario, para aqueles que actúen en galego. Non é Cela galego? Ides retirar a estatua de Valle-Inclán da Alameda por iso que tanto se fala da memoria histórica? Ao parecer ambos foron traidores da patria.
Digo isto porque estes dous grandes da literatura que axudaron a sinalar a cultura galega no mapa non pertencen á literatura galega según algúns cargos do BNG. «Hai que favorecer ao máis débil», din: «neste caso o galego». E mentres eu teño que publicar cunha editorial euskera que non me dará a distribución que me daría unha editorial castelán sita en Galicia, que non hai pola inexistencia de axudas dende a Xunta.
E Carlos Oroza converteuse nun ser anónimo que vaga polas rúas de Vigo. Esquecido por cometer a terrible traición de escribir en castelán. Eu tamén pago os impostos empregados para ditas axudas… e prefiro non falar hoxe das galescolas.
EL AUTOR
- Borja F. Caamaño
- Nacido en la ciudad de A Coruña en 1979, es operador de cámara y columnista en un periódico de ámbito local en Santiago de Compostela —donde reside—, habiendo ejercido en el pasado de realizador y en el departamento artístico de varias productoras audiovisuales. En 2007 publica su primera novela, Inside con la editorial granadina Alhulia, con la que cosecha excelentes críticas: «El legado de Bret Easton Ellis», SantiagoSiete; «Dinámico y Salvaje», Resonancias; y «Rabiosamente contemporáneo», El Correo Gallego. Con Córam Pópulo viene a confirmar su continuidad en los círculos literarios, con un conjunto de relatos escritos a lo largo del último lustro.

2 Comments:
Un abrazo !
no caché una puta.
Post a Comment