EL AUTOR

Mi foto
Borja F. Caamaño
Nacido en la ciudad de A Coruña en 1979, es operador de cámara y columnista en un periódico de ámbito local en Santiago de Compostela —donde reside—, habiendo ejercido en el pasado de realizador y en el departamento artístico de varias productoras audiovisuales. En 2007 publica su primera novela, Inside con la editorial granadina Alhulia, con la que cosecha excelentes críticas: «El legado de Bret Easton Ellis», SantiagoSiete; «Dinámico y Salvaje», Resonancias; y «Rabiosamente contemporáneo», El Correo Gallego. Con Córam Pópulo viene a confirmar su continuidad en los círculos literarios, con un conjunto de relatos escritos a lo largo del último lustro.
View my complete profile

ONG's e sindicatos (columna do 26/sep/08).

Hai tempo alguén me comentaba que un dos fundadores de Greenpeace decidirá abandoar o barco, podería ser o Rainbow Warrior, porque xa nada do que el buscaba se está a facer na organización ecoloxista. Según Patrick Moore, este é o seu nome, o que Greenpeace fai agora non ten nada que ver con buscar solucións porque realmente só buscan facer publicidade de sí mesmos e fomentar a desinformación e o uso das tácticas do medo. Según el agora viven para facer publicidade da propia organización e poder así seguir existindo.
Algo similar sucede cos sindicatos no noso país.
Non dubido que nalgún intre do pasado cumpliron cunha noble función na defensa dos dereitos dos traballadores pero, sexamos realistas, nos tempos que corren limítanse a berrar ante as institucións con pancartas e megáfonos nas mans. Permiten que os seus compañeiros nas manifestacións perdan o control e a pesar de que son eles, os propios sindicatos, os que organizan tales eventos din que os actos de vandalismo non teñen nada que ver coa organización. ¿Non lles explicaron de pequenos, como a mín, que se nunha discusión levantas a voz perdes os teus dereitos?
Entón parece ser que a súa única labor é cobrar aos afiliados para soster as súas estructuras e a todos eses funcionarios, porque o son, que traballan nas súas sedes e de vez en cando derivan á conta de dietas esa viaxe de fin de semana a Euskadi para ver un concerto —presenciei unha conversa deste tipo—, e os seus avogados cobran unha porcentaxe das indemnizacións para a casa cando corresponde. En tódolos procesos.
Daquela vemos que todo son ingresos e ventaxas. Pero hai tempo que non se escoita falar dende os sindicatos dos contratos basura ou lixo en galego normativo, que seguen a existir, nin se renegocian os convenios dunha forma realmente axeitada nin fan outra cousa que rir no medio dunha manifestación cando algún imbécil bota un petardo, que case é un barreno, aos pés dun cámara de televisión. A un traballador como eles que acude a unha chamada do propio sindicato para facer eco da súa suposta loita —sen medios de comunicación non hai publicidade para a organización—, e alguén lle grita ao cámara que se lle parece mal non vaia a guerra e hai un mamalón trala pancarta dicindolle entre risos ao aturdido traballador da tv que se estea tranquilo, que non é para tanto, pero o caso e que xa pasaron máis de doce horas… e continúan doéndome os oídos pola explosión dese petardo ao meu carón.
Porque ese cámara era eu e repítolles a eses sindicalistas, quisera poder dicir noxentos pero non sería correcto, a mesma pregunta que lles fixen naquel momento diante de Medio Ambiente: ¿para isto chamades aos medios?; e teño outra máis: ¿realmente era imposible controlar ao imbécil dos petardos?

sábado 27 de septiembre de 2008

0 Comments:

 
INSIDE & Co. - Wordpress Themes is proudly powered by WordPress and themed by Mukkamu Templates Novo Blogger